Publicador de contidos
Publicador de contidos

As rebaixas en moitos comercios adiántanse á chegada do Reis Magos

As rebaixas en moitos comercios adiántanse á chegada do Reis Magos

G24.gal 04/01/2022 14:59

O adianto nos descontos é cada vez máis frecuente nos comercios, tanto nos pequenos e medianos como nalgunhas grandes empresas. Só hai que percorrer as rúas de vilas e cidades para comprobar que moitos escaparates teñen xa colgados os carteis para anunciar os seus descontos. Intentan fomentar as vendas e facilitarlles a tarefa aos Reis Magos. 

Os carteis que anuncian ofertas ou rebaixas están presentes nos escaparates de moitos negocios. Nalgunhas tendas, por exemplo, ofrecen descontos para intentar sacar adiante unha campaña de Nadal que non está a ser como agardaban.

Con estes descontos, os comercios agardan compensar os prexuízos que causan as restricións nas vendas. Este Nadal afectaron especialmente a roupa e os complementos de festa.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos