As renovables xeraron máis do 50% da electricidade nos últimos dez meses en España
As renovables xeraron máis do 50% da electricidade nos últimos dez meses en España
A enerxía fotovoltaica instálase agora sobre todo nas comunidades de veciños
As enerxías limpas xeran xa máis da metade da electricidade que se consome en España. Hai un gran futuro na aerotermia e na xeotermia. Mentres que o incremento da enerxía fotovoltaica semella contido.
Visitamos en Vigo un hospital que xera entre o dous e o dez por cento do que consome e unha comunidade de veciños. As dúas instalacións fíxoas unha empresa galega que tamén é responsable de climatizar a catedral de Burgos.
En 2022 houbo un pico de instalación de placas solares en vivenda unifamiliar e empresas que agora se está a trasladar a comunidades de veciños como a do edificio Derby de Vigo. A empresa galega ENERGANOVA é a responsable da súa instalación. Pero traballan tamén con xeotermia e aerotermia.
No caso da fotovoltaica se dispoñemos de baterías podemos aforrar entre un 80 e un 100 %. Ademais hai axudas da Administración e vantaxes fiscais e reducións no IBI. O hospital Ribera de POVISA instalou 225 placas cunha subvención do INEGA do 15 %.
As renovables son o futuro, pero tamén xa o presente.