Publicador de contidos
Publicador de contidos

As confeiterías encaran a campaña do Samaín con figuras e cores propias da festa celta

As confeiterías encaran a campaña do Samaín con figuras e cores propias da festa celta

Lonxe de substituír os tradicionais ósos de santo, complementan a súa oferta

Galletas con fantasmas que visten sombreiros de bruxa e levan cabazas
Félix Aragunde 24/10/2024 20:16 Última actualización 24/10/2024 20:32

Tanto poden ser galletas como pastas ou rosquillas. O caso é que entre as súas cores destaquen a negra e mais a laranxa, que son as propias do Samaín, e entre as súas formas figuren cabazas, fantasmas, meigas ou morcegos.

As confeiterías galegas cada vez comezan antes a campaña do Samaín, que se celebra o 31 de outubro. Desta forma, nos escaparates dos establecementos coinciden doces tradicionais, coma os ósos de santo, cos propios desta festa de orixe celta.

Alberto Fariñas, reposteiro: "Facemos galletas con forma de momia, de esqueleto, piruletas con motivos de cabazas ou arañeiras, e pasteis de chocolate con forma de cemiterio con ósos e lápidas".

Segundo os reposteiros, os doces relacionados co Samaín gozan cada ano dunha maior aceptación. Lonxe de substituír os tradicionais ósos de santo, complementan a súa oferta por estas datas.

Raquel Álvarez, reposteira: "As galletas véndense moi ben. Levan moito tempo porque están moi decoradas con detalles, pero é o que á xente máis lle gusta. E aos nenos tamén".

A campaña do Samaín pode durar ata dúas semanas nalgunhas confeiterías, onde mesmo se chega a ofrecer café de cabaza.

Galletas de Samaín con forma de cabazas e de fantasmas Galletas de Samaín con forma de cabazas e de fantasmas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade