Publicador de contidos
Publicador de contidos

As reservas do encoro de Cecebre sitúanse no 45 % da súa capacidade

As reservas do encoro de Cecebre sitúanse no 45 % da súa capacidade

O nivel de ocupación da presa é case vinte puntos inferior á media da última década

A Xunta mantén a situación de seca prolongada declarada hai dous meses

A seca afecta os encoros galegos, cunha reserva do 64 %

G24.gal 08/10/2023 13:52 Última actualización 08/10/2023 14:48

Abastece máis de 400.000 veciños da comarca da Coruña. A presa de Cecebre está ao 45 % da súa capacidade, case vinte puntos por baixo da media de ocupación da última década.

Pasaron dous meses xustos desde que a Xunta declarou a situación de seca prolongada. Daquela, as reservas do encoro superaban o 60 %. A maioría dos municipios afectados, entre eles o da Coruña, adoptaron medidas para reducir o consumo de auga e multiplicaron as mensaxes de concienciación cidadá.

Co encoro no nivel máis baixo no que levamos de 2023, Augas de Galicia esixiulles aos concellos da área con máis de 20.000 habitantes que entreguen con urxencia o plan contra a seca ao que están obrigados por lei. Polo momento, o abastecemento está asegurado.

Se a situación empeora, a Xunta podería analizar a posibilidade de activar a reserva de auga do lago das Encrobas, en Meirama.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos