Publicador de contidos
Publicador de contidos

As restricións marcaron en Galicia unha Noitevella tranquila

As restricións marcaron en Galicia unha Noitevella tranquila

Na delegación do Goberno confirman que non houbo incidencias reseñables

G24.gal 01/01/2022 12:42

Ao caer a noite saímos a percorrer coas nosas cámaras a zona vella de Santiago. Ata as doce aínda atopamos bastante ambiente, sobre todo no Obradoiro, onde algúns se reuniron para despedir o ano coas uvas da sorte. Nada que ver, en calquera caso, coas noitevellas previas á pandemia.

Nas rúas que acollen a maior parte dos bares e restaurantes, coma a do Franco, quedaban xa poucos establecementos abertos. Os que mantiñan o servizo botaban o peche á unha, a hora límite para estes locais en fin de semana coas últimas restricións.

Os pubs e as discotecas galegas, ao veren reducido o seu permiso de apertura ata as tres, optaron por maioría por non abrir.

O "toque de non queda", para evitar reunións de non conviventes de madrugada, tamén se deixou notar, con rúas desertas. No noso periplo non demos tampouco con xuntanzas en puntos habituais do botellón, como a Alameda.

As forzas da orde patrullaron por estes espazos e por polígonos industriais para frear posibles festas en naves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade