Publicador de contidos
Publicador de contidos

As señoritas e os labardeiros de Mugares levan o seu Entroido ata Barbadás

As señoritas e os labardeiros de Mugares levan o seu Entroido ata Barbadás

Forma parte das Mascaradas Ancestrais que organiza a vila para dar a coñecer entroidos tradicionais

G24.gal 03/02/2024 20:34 Última actualización 03/02/2024 20:59

Trátase dunha vestimenta que recuperaron as mulleres rurais de Mugares hai xa máis de dúas décadas grazas as poucas fotografías que conservaban e a memoria dos máis vellos.

"Coas poucas fotografías que había e co testemuño da xente máis anciá da aldea empezáronse a facer os primeiros traxes. Dende ese momento todo foi cara a adiante e cada vez hai máis xente", explicaba Ángela Iglesias, presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Mugares.

A función dos labardeiros é abrir pasa ao desfile coas súas labardas, empregadas noutrora para mallar o cereal. Xunto a eles van as señoritas, con sombreiro e cesta. Lazos e flores, agora de feltro, adornan os traxes.

"Empregábase para mallar no cereal. Botábase o cereal na eira e coa labarda sacábase o que era o cereal da palla. No Entroido úsase máis para mallar na xente máis que no cereal".

"Como ían coa cara tapada, daquelas eran moi brutos, daban coa labarda e pegábanlle para que se apartaran todos. Esa era o labor que tiñan eles, e as señoritas era a de lucir".

"Imos detrás da charanga bailando, meténdonos coa xente".

"Ao ser de Mugares tes que ser labardeiro e señorita, non hai outra, hai que seguir a tradición".

"Hoxe vimos a Barbadás, que é o Concello limítrofe co noso, que somos de Toén, a participar nas segundas mascaradas ancestrais que organizan aquí no Concello de Barbadás, e para dar a coñecer o noso Entroido, que é un Entroido popular, típico".

O seu día grande será o Martes de Entroido cando percorran as rúas da aldea de Mugares, en Toén, chamando a participar na troula a todos os veciños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar