As sirenas de 39 encoros galegos soaron nunha proba de aviso ás vilas próximas
As sirenas de 39 encoros galegos soaron nunha proba de aviso ás vilas próximas
Informarase á poboación das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia real
O primeiro aviso deste simulacro sonoro foi ás nove no encoro de Belesar
Activáronse máis de 100 alarmas nas presas da comunidade dotadas de plan de emerxencia
A Xunta realizou este xoves, e tamén o fará mañá venres, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas ás 39 presas galegas que están dotadas de plan de emerxencia.
Un simulacro sonoro que acenderá máis dun centenar de alarmas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, é dicir, Alcoa, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal e Augas de Galicia.
Ademais das presas, están incluídas as catro do plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove, Lugo.
O primeiro sinal de aviso sobre as nove da mañá na presa de Belesar que afecta os concellos de Chantada, O Saviñao, Carballedo e Pantón.
A partir desa hora, as probas desenvolvéronse en diversas localidades a unha do mediodía. Finalizarán na presa de Albarellos, en Boborás, O Carballiño, Leiro, Beade e Cenlle.
Mañá comezarán na presa de Vilagudín, en Tordoia, e concluirán ao mediodía na de Velle, en Ourense.
A Xunta afirma que os simulacros "non afectan a actividade diaria" dos veciños pero que, en calquera caso, a poboación estará informada dos mesmos e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia real.