Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os térmites esténdense pola madeira das vivendas de varias rúas de Betanzos

Os térmites esténdense pola madeira das vivendas de varias rúas de Betanzos

Todos os afectados van aplicar os tratamentos precisos para erradicar a praga

O abandono da zona histórica de Betanzos agrava o problema

G24.gal 06/10/2022 15:14

Unha praga de térmites ameaza varios edificios da zona antiga de Betanzos. Algúns dos afectados xa empezaron a tomar medidas, pero temen que o seu esforzo non solucione o problema, porque din que os insectos se van seguir propagando desde as casas abandonadas que teñen ao seu carón.

Nas edificacións históricas é obrigado manter os materiais orixinais, pero iso, sobre todo en lugares húmidos coma estas Terras do Mandeo, supón todo un reto á hora de preservar a madeira. A ameaza dos térmites aquí é unha constante e o abandono da zona histórica de Betanzos agrava o problema. Na casa de Carmen cebáronse cun soto que non usa, pero tamén na parte na que ela procura manter un bo mantemento e unha vixilancia continua. 

Un especialista en pragas inpeccionou a fondo a súa vivenda e a doutros veciños aos que ela alertou, mesmo os que non viven alí acotío. Todos os afectados van aplicar os tratamentos precisos para erradicar a praga, pero temen que o seu efecto vai ser moi relativo dada a realidade urbanística da zona. Entre os que viven nas casas de momento saneadas tamén hai temor a que a praga se estenda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade