As testemuñas din que o lume se estendeu en poucos minutos por todo o edificio
As testemuñas din que o lume se estendeu en poucos minutos por todo o edificio
As lapas propagáronse velozmente e en pouco tempo todo o edificio converteuse nun terrible facho xigante
"Era imposible sobrevivir nese edificio", di unha supervivente. "O meu can morreu aí. Vin de Ucraína para perder todo aquí".
As lapas propagáronse velozmente e en pouco tempo todo o edificio converteuse nun terrible facho xigante.
"Comezou nun balcón. Propagouse rapidamente. Caían anacos da fachada en lapas que prendían noutros balcóns". "Avisoume un inquilino de que estaba ardendo. Aos poucos minutos todo estaba en lapas", contan as testemuñas.
Foron momentos moi tensos e dramáticos para os veciños. "Mirei dende abaixo como saltaba xente dun balcón a outro".
Con tensión viviuse o rescate dunha parella que quedou atrapada na súa terraza. Despois de case unha hora tentando controlar as lapas que os cercaban, os bombeiros conseguiron baixalos entre os aplausos dos que observaban dende abaixo.