Publicador de contidos
Publicador de contidos

As tormentas deixan desprendementos e rebordamentos en Granada e Teruel

As tormentas deixan desprendementos e rebordamentos en Granada e Teruel

Na localidade de Beas de Guadix, 40 veciños foron evacuados por un corremento de terras

G24.gal 23/08/2024 14:02

A forte tormenta de chuvia e sarabia que descargou máis de cen litros en tres horas sobre a pequena vila turolense de Guadalaviar provocou o desbordamento do río local.

A enchente, que chegou a ter unha anchura de 20 metros, anegou unha ducia de casas, arrastrou dous coche e destruíu as hortas dos veciños. “Nin os máis vellos do lugar. Aquí choveu, houbo treboadas, vimos medrar o leito do río, pero nunca saltar o muro”.

A localidade, onde viven unhas 250 persoas, quedou sen luz e cobertura móbil durante varias horas. Case sen tempo para lamentarse, os veciños comezaron a retirar a auga e a lama deixada pola enchente. “Pechamos as dúas portas pero nada, en dez minutos había medio metro de auga na planta baixa”.

“Unha vez se evapore a auga, varrer e fregar, non hai máis. Hai que tomalo con filosofía isto”.

Na localidade granadina de Beas de Guadix, 40 veciños foron evacuados por un corremento de terras provocado polas intensas chuvias. Os afectados non quixeron ser realoxados en hoteis e pasaron a noite en casas de familiares ou amigos.

Nesta mesma provincia andaluza, en Huéscar, o desbordamento do río anegou 15 vivendas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar