Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aviso amarelo por treboadas e chuvascos no interior de Galicia

Aviso amarelo por treboadas e chuvascos no interior de Galicia

A choiva está sendo moi ben recibida sobre todo na raia con Portugal, afectada polo fume

G24.gal 20/09/2024 14:10

A chegada inminente do outono este domingo estase xa a notar en diversos puntos de Galicia onde xa houbo chuvascos pola mañá. Para esta tarde ata as dez da noite está activado un aviso amarelo por choivas intensas e treboadas en todo o interior de Galicia.

A choiva está sendo moi ben recibida sobre todo en localidades limítrofes con Portugal onde foi intensa a afectación polo fume dos incendios en Portugal. Alí a choiva cadrou moi ben porque case a totalidade das adegas remataron xa a vendima hai varios días, aínda que Veiga da Princesa tivo que interrompela  esta mañá precisamente pola auga.

Menos afectado polo aviso estará o litoral galego.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade