Cargando resultados...
En Cospeito a treboada derrubou árbores centenarias e afectou a varias vías
En Cospeito a treboada derrubou árbores centenarias e afectou a varias vías
O vento afectou especialmente a hortas e a froita e mesmo levantou cubertas de tea
Os operarios levan desde onte cortando as pólas que impiden o paso polas pistas
O trebón cebouse na Terra Chá, pero en Lugo ou Mondoñedo algunhas rúas parecían mares
G24.gal
30/07/2024 14:46
Afánanse en retirar o castiñeiro da pista e levan co mesmo traballo desde onte. Nesta parroquia de Goá, no concello lucense de Cospeito, a treboada cebouse especialmente en árbores centenarias.
Tamén estragou hortas e froiteiras. Tirou todo o froito da árbore, e mesmo tronzou algún exemplar. Nestoutra propiedade voou unha cuberta de tea e caeu un castiñeiro.
Refírense a un vento que tamén se sentiu con forza en Mondoñedo ou Lugo, onde algunhas vías se converteron en rías momentaneamente.