Publicador de contidos
Publicador de contidos

As tormentas invernais esténdense de costa a costa nos Estados Unidos

As tormentas invernais esténdense de costa a costa nos Estados Unidos

Na zona dos Grandes Lagos, máis dun millón de fogares están sen subministración eléctrica

En Utah, a policía estatal atendeu máis de 230 colisións provocadas pola neve

O mal tempo obrigou a cancelar máis de 1.500 voos

Tráfico nunha estrada cuberta de neve do estado de Minnesota
G24.gal 24/02/2023 12:24

As tormentas invernais esténdense de costa a costa dos Estados Unidos provocando problemas para desprazarse por estrada ou avión. Por vez primeira neste século podería nevar nas montañas do sur de California, no suroeste do país.

As tormentas invernais que afectan practicamente a totalidade do territorio estadounidense están provocando grandes problemas para circular polas estradas.

As acumulacións de neve de ata 60 centímetros e o xeo impiden circular por numerosas estradas dos estados de Wyoming, as dúas Dakotas e Wisconsin, no norte do país, pero tamén de California no suroeste.

"É moi difícil controlar o coche, e moi fácil esvarar", di un automobilista atrapado nunha estrada californiana.

Por primeira vez neste século, podería nevar nas montañas do sur deste estado, segundo apuntan as previsións meteorolóxicas.  Na zona dos Grandes Lagos, máis dun millón de fogares están sen subministración eléctrica polos danos causados polo temporal na infraestrutura.

O gobernador de Wisconsin decretou o estado de emerxencia e en Utah a policía estatal atendeu máis de 230 colisións provocadas pola neve, a chuvia ou o xeo.

O tráfico aéreo tamén se viu afectado polo mal tempo, que obrigou a cancelar máis de 1.500 voos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade