Publicador de contidos
Publicador de contidos

As treboadas deixaron corenta litros por metro cadrado no Carballiño

As treboadas deixaron corenta litros por metro cadrado no Carballiño

O momento máis problemático foi contra as cinco da tarde, cando se produciron numerosas incidencias na vila 

Na aldea de Barón, as rúas convertéronse en ríos

Os bombeiros tiveron que atender numerosas incidencias
G24.gal 08/06/2023 20:52

No Carballiño non parou de chover en toda a tarde, ás sete e media levábanse recollidos algo máis de 38 litros por metro cadrado. O peor foi contra as cinco. En poucos minutos, desatouse o caos na vila.

Guillerme Alén, Policía Local do Carballiño: "Recibimos multitude de avisos, entre eles, da Avenida de Compostela, que practicamente houbo que cortala. Tamén no Centro de Saúde, onde se filtrou auga polo tellado porque era un diluvio nese momento".

Os sumidoiros non daban tragado e a auga entrou onde puido.

"Auga, auga, auga... unha burrada de auga, e os sumidoiros, que aínda os limparon pola mañá non daban, desaugado", explica un veciño ao que se lle anegou o baixo da casa.

O río Carrás botou outra por fóra e anegou as leiras, en varios treitos, como a contorna do centro de saúde, que tamén resultou afectado pola chuvia.

E tampouco se libraron nas aldeas. Os veciños de Barón están desesperados. Eles mesmos gravaron vídeos da auga correndo polas rúas.

"Cada vez que vén a tormenta, collo uns nervios que non podo aguantar, porque se inunda a aldea, lévanos o cemento, o asfaltado...", explica unha veciña de Barón.

A chuvia, que caeu tamén en abundancia noutros puntos da provincia, veu acompañada en Ourense de raios e tronos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade