As vacas prefiren o frío, os gandeiros quizais non tanto
As vacas prefiren o frío, os gandeiros quizais non tanto
O frío fai que coman máis para sintetizar enerxía que as axude a manter a temperatura corporal; é dicir, máis penso
Estes días de frío os hábitos no campo mudan.
Os gandeiros teñen que redobrar esforzos para alimentar os seus animais sobre todo os que viven en liberdade.
As vacas prefiren o frío á chuvia ou á calor. Pero o gasto nas explotacións aumenta porque o pasto escasea e é preciso achegarlles comida extra para manter a produción de leite.
A pel máis grosa, o pelo e o illamento natural fan que o gando vacún soporte mellor as temperaturas frías ca os humanos.
As vacas do Abel
As vacas frisoas dunha granxa de estabulación libre do concello lugués de Pol pasan a maior parte do tempo fóra, nos pastos, mesmo para durmir.
A única diferenza coas estacións máis cálidas é que, como os humanos, o frío fai que coman máis para sintetizar enerxía que as axude a manter a temperatura corporal.
Abel leva 50 anos coa granxa de vacas en liberdade e desde hai cinco, en produción ecolóxica. Está contento do rendemento malia que a produción no inverno sexa algo menor e o gasto algo maior, porque cómpre complementar con penso comprado fóra.
Abel ten 250 vacas felices que prefiren as temperaturas frescas. De feito, a época de maior produción é a primavera.