Publicador de contidos
Publicador de contidos

As vendas de lousa galega aumentaron un 8 % no que vai de ano

As vendas de lousa galega aumentaron un 8 % no que vai de ano

O sector exporta o 95 % da produción, principalmente cara a Europa

As mulleres supoñen o 25 % dos empregos nas louseiras

G24.gal 17/04/2024 18:03 Última actualización 17/04/2024 19:31

As vendas de lousa galega aumentaron un 8 % no que vai de ano porque o conflito en Oriente Medio afecta o Canal de Suez e fai que a lousa chinesa, de peor calidade, chegue máis tarde e a prezo máis alto. Pero, alén diso, as 41 empresas galegas están asentadas no mercado. O pasado ano produciron 262.000 toneladas de placas e facturaron 225 millóns de euros. A clave: as súas propiedades illantes.

E é que a lousa é practicamente impermeable, por tanto a súa duración pode ser case eterna e, ademais de combater o frío e a humidade, illa as casas dos ruídos. No sector traballan máis de 10.000 persoas e iso que só se produce nunha área de 60 quilómetros cadrados entre Valdeorras e Quiroga. O 25 % dos empregos son de mulleres, especialmente en selección e embalaxe.

O 73 % da lousa que sae das minas non se está a aproveitar, daquela, xa se traballa en converter os residuos en cemento, asfalto, plaquetas ou mobiliario urbano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade