As VII Xornadas Lucenses de Accesibilidade ao Patrimonio sinalan as tarefas pendentes

Fronte a un centro accesible, en Auxilia demandan melloras no cinto verde de Lugo

Félix Aragunde 21/11/2023 19:39 Última actualización 21/11/2023 19:53

A instalación dun ascensor de acceso ao adarve da muralla romana marcou un fito na capital luguesa tocante á supresión de barreiras para as persoas con diversidade funcional.

Así o destacaron nas VII Xornadas Lucenses de Accesibilidade ao Patrimonio, que foron convocadas por Auxilia e contaron coa presenza dun guía oficial de Turismo de Galicia.

Guido Álvarez Parga, guía oficial de Turismo de Galicia: "No centro histórico podemos estar bastante contentos coa accesibilidade. Nos últimos vinte anos, co proceso de peonalización, Lugo avanzou moito".

Aquilino González, vogal de barreiras de Auxilia Lugo: "Este recinto histórico ten unha potencialidade turística moi grande. Practicamente todo é accesible, hai pouca distancia entre os monumentos, e o pavimento é moi bo".

En materia de accesibilidade turística, aquí en Lugo déronse grandes avances nos últimos anos. Así e todo, queda moito por facer, en especial no relativo á supresión de barreiras arquitectónicas, unhas melloras que aínda están pendentes de ser acometidas.

Neste sentido, zonas coma o barrio do Carme e o cinto verde da cidade centran as queixas de Auxilia.

Nuria Neira, delegada de Auxilia Lugo: "É unha pena que teñamos zonas verdes coma os paseos do Miño e do Rato e que non se poida acudir a elas. Cómpre ter un mantemento".

Facer máis visible a necesidade dun compromiso coa accesibilidade turística é o fin destas xornadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade