As xogueterías son outras das protagonistas do día
Algúns produtos esgotados como acontece todos os anos
Papá Noel xa está aquí e tenta pasar algo inadvertido. Chama atención ver algunhas tendas de xoguetes con pouca xente un 24 de decembro.
Ante a falta de xente mercando nas tendas de rúa, decidimos falar con algún xoguete. Hai xoguetes que, aínda que se busquen, levan tempo esgotados.
Moi repetido tamén este ano nas cartas a Papá Noel, os xogos de mesa, de interior.
Pouca actividade na xoguetería pero, miramos fóra e sorpréndenos ver que, na libraría de en fronte, a actividade é constante.
Vendo o ambiente dunha e outra tenda, concluímos que, polo menos este 24 de decembro, baixo as árbores da Noiteboa haberá máis letras que bebés choróns ou quizais non porque a noite é longa e, oficialmente, máxica. E aínda quedan os Reis.