Publicador de contidos
Publicador de contidos

As xornalistas iranianas que desvelaron o caso Amini enfrontan altas penas de prisión

As xornalistas iranianas que desvelaron o caso Amini enfrontan altas penas de prisión

Acúsanas de cooperación co Goberno dos Estados Unidos

As xornalistas mesmo poderían ser condenadas á pena capital As xornalistas mesmo poderían ser condenadas á pena capital
G24.gal 28/04/2023 09:11

As dúas xornalistas iranianas que informaron do asasinato de Mahsa Amini por levar mal posto o veo en setembro de 2022, e que desencadearon unha onda de protestas no país, afrontan décadas de prisión e mesmo poden ser condenadas á pena capital. 

Nilofar Hamedi revelara o falecemento da moza detida e Elaha Mohammadi cubrira o seu enterro. Agora, acúsanas de cooperación co Goberno estadounidense, colusión contra a seguridade nacional e propaganda contra o réxime dos aiatolás.

Por todo isto pódenlle caer moitos anos de prisión, mesmo a pena de morte. As vistas do xuízo comezarán dentro dun mes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade