Publicador de contidos
Publicador de contidos

As zonas de baixas emisións nas cidades comezarán a aplicarse en 2023

As zonas de baixas emisións nas cidades comezarán a aplicarse en 2023

A lei de cambio climático e transición enerxética obriga a todos o municipios de máis de 50.000 habitantes a ter ZBE

Marcar esas zonas e os tipos de restricións depende de cada concello

A norma vaise aplicar ao transporte tanto de mercadorías coma de persoas

G24.gal 17/12/2022 14:31 Última actualización 17/12/2022 15:13

A lei de cambio climático e transición enerxética obriga a todos o municipios de máis de 50.000 habitantes a ter zonas de baixas emisións (ZBE) en 2023, é dicir, zonas delimitadas onde só poden acceder os vehículos menos contaminantes. Marcar esas zonas e os tipos de restricións depende de cada concello.

A norma vaise aplicar ao transporte tanto de mercadorías coma de persoas. Comeza a aplicarse o 1 de xaneiro, pero depende da cada concello delimitar as zonas de baixas emisións.

A normativa afectaría a coches de gasolina matriculados entre o 1 de xaneiro do 2001 e o ano 2006 e aos diésel matriculados entre o 2006 e o 1 de setembro do 2015.

"Hai un método que prohibir a entrada segundo o tipo de etiqueta que teñas no teu coche, que pode ser azul, azul/verde, verde ou amarela. Esa etiqueta podes comprobala na páxina web  da DXT, poñendo a túa matrícula e aí ponche que tipo de etiqueta que tes. Despois están os coches que non teñen etiqueta, ese non van poder entrar na ZBE nunca. Os outros pode haber dúas formas ou deixar pasar uns e outros non, porque un contamina menos e outro non, ou deixo pasar a todos e cada un paga máis ou menos segundo o que contamina", di Daniel Liceras, xerente de Xesmega (Xestores Medioambientais de Galicia).

En Pontevedra hai tempo que funciona xa a zona de baixas emisións.

"O último xeito é o que elixiu Pontevedra, que é a eliminación do tráfico na ZBE. Tal vez sexa a medida máis restritiva pero tamén é a máis eficaz", engade Daniel Liceras.

Desde Xesmega salientan que moitos concellos non teñen aínda os deberes feitos.

A normativa tamén recolle que as poboacións de máis de 20.000 habitantes cunha calidade do aire desfavorable tamén terán que adherirse a esta norma. O problema, indican desde Xesmega, é que eses concellos non realizaron os informes coas medicións da súa calidade do aire.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade