Publicador de contidos
Publicador de contidos

Asaltan varias vivendas no concello de Oleiros

Asaltan varias vivendas no concello de Oleiros

Rouban en catro vivendas o mesmo día e en distintas parroquias

Piden á cidadanía estar atentos e avisar ás autoridades se ven algo sospeitoso

G24.gal 19/11/2021 14:31

No concello de Oleiros, están advertindo a cidadanía para que estea moi atenta se ve persoas sospeitosas espreitando preto das casas. O motivo, o aumento de roubos en vivendas en varias parroquias deste concello da área da Coruña.

Volven os amigos do alleo á comarca coruñesa. Estes días aumentaron os roubos en vivendas de varias parroquias do concello de Oleiros. 

Ante a proliferación dos asaltos piden á cidadanía que tome todas as medidas de precaución e estar moi atentos por se ven algo ou alguén sospeitoso. E no caso de que así sexa avisen de xeito inmediato a Policía Local ou a Garda Civil para evitar novos roubos na zona.

Neste senso, esta semana producíronse catro asaltos en casas en distintos puntos do concello. Un na rúa Piñeiro, outro na rúa Galatea en Icaria e os outros dous no lugar de Subiña en Serantes e aquí en Lorbé xusto no límite co concello de Sada.

Segundo as autoridades, os ladróns levaron xoias, diñeiro e ata unha caixa forte dunhas das vivendas. Malia que a Garda Civil segue a investigar os feitos, non desbotan a posibilidade de que poidan estar relacionados os catro roubos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar