Publicador de contidos
Publicador de contidos

Asasinan o fotoxornalista Maksim Levin mentres cubría a guerra en Ucraína

Asasinan o fotoxornalista Maksim Levin mentres cubría a guerra en Ucraína

O reporteiro ucraíno de 40 anos desapareceu a mediados de marzo nas proximidades de Kíiv

O fotógrafo ucraíno Maksim Levin nunha foto recente O fotógrafo ucraíno Maksim Levin nunha foto recente
G24.gal 02/04/2022 19:19

Maksim Levin, fotógrafo e videógrafo de 40 anos que traballaba para un sitio web de noticias ucraíno e colaboraba desde hai anos con Reuters, morreu mentres cubría a invasión rusa no seu país. Levin tiña muller e catro fillos.

O seu corpo atopárono nunha localidade ao norte da capital, Kíiv, o 1 de abril. Era un documentalista que contribuíu á cobertura de Reuters no país desde 2013. Ía canda un compañeiro do que non se teñen noticias.

Estivo traballando en Huta Mezhyhirska, nunha zona que soportou fortes bombardeos. A fiscalía xeral de Ucraína informou que Levin foi "asasinado por militares rusos con dous disparos de armas pequenas". Ningunha fonte independente puido verificar a información.

A fiscalía abriu unha causa penal contra Rusia por violar as leis de conflitos armados.

Desde que comezou a invasión rusa retratou coa súa cámara o horror que deixaba a guerra no seu país. Fotografou a impotencia na cara dos que fuxían para ser refuxiados nalgún outro país; a destrución dos bombardeos ou as bágoas dos que perdían os seus.

O nome de Levin súmase á listaxe de xornalistas mortos de xeito violento tras a invasión rusa a Ucraína.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade