Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ascenden a 14 os falecidos nas inundacións de Emilia Romaña

Ascenden a 14 os falecidos nas inundacións de Emilia Romaña

O número de evacuados chega aos 20.000

G24.gal 19/05/2023 19:50

En Italia o número de falecidos nas inundacións de Emilia Romaña ascende a 14. E pode ser maior porque aínda hai persoas desaparecidas. O número de evacuados chega aos 20.000. E seguen os rescates. A zona aínda segue en aviso vermello por chuvia.

A agricultura é un dos sectores máis afectados. Calcúlase que están en xogo 50.000 postos de traballo. Máis de 5.000 explotacións están inundadas, e milleiros de hectáreas baixo a auga.
Coa temporada de verán a piques de empezar, o turismo é o outro sector máis afectado polas inundacións.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade