Así é Digochiño.gal, a nova web da mascota do #DígochoEu
Así é Digochiño.gal, a nova web da mascota do #DígochoEu
Digochiño, a mascota do espazo #DígochoEu, estrea web! A CRTVG acaba de crear un portal dedicado ao personaxe que cada sábado na G2 fomenta o uso do galego entre os cativos da casa, xunto á xornalista Esther Estévez.
Contidos para os máis pequenos
A canle digochiño.gal funcionará como un contedor de episodios, en que os medios públicos galegos ofrecen xa contidos específicos para os máis pequenos.
Nela pódense atopar todos os vídeos das conversas entre o raposo e o xornalista en que, entre outros temas, falan de ecoloxía, feminismo, expresións tipicamente galegas ou cuestións cotiás, incorporando tamén cancións.
Éxito nas redes
Desde o seu recente lanzamento, hai pouco máis de dous meses, Digochiño converteuse en todo un fenómeno viral nas redes sociais.
A través das canles dixitais de #DígochoEu, os vídeos do raposo azul superan xa os dous millóns de reproducións en TikTok, e acumulan outros centos de miles en Instagram.