Cargando resultados...
Asolagamentos e cortes de luz polas treboadas en varios puntos de Galicia
Asolagamentos e cortes de luz polas treboadas en varios puntos de Galicia
Está activado o aviso amarelo nas catro provincias
Vista da treboada sobre a Ría de Vigo dende o monte Cepudo. EFE/Sxenick
G24.gal
09/09/2023 08:44
Última actualización 09/09/2023 14:53
Esperta Galicia con previsión de chuvascos, probables en calquera punto da comunidade, localmente fortes e acompañados de aparato eléctrico, sarabia e refachos de vento, especialmente pola tarde.
Hai aviso de nivel amarelo nas catro provincias. Xa dende a medianoite sumamos máis de 4.000 raios en Galicia, que se engaden aos outros 1.800 que se rexistraban na tarde do venres.
As treboadas provocaron problemas en Lugo, inundacións en Lamas de Prado, na avenida da Coruña ou Infanta Helena. Tamén se rexistraron asolagamentos en Santiago.
En Vila de Cruces estiveron tres horas sen subministración eléctrica e na Coruña, un raio apagou a Torre de Hércules.