Publicador de contidos
Publicador de contidos

Asoma a aldea somerxida de Aceredo coa baixada do encoro de Lindoso

Asoma a aldea somerxida de Aceredo coa baixada do encoro de Lindoso

Afloran os restos da aldea do concello de Lobios desaparecida nos anos 90
 

G24.gal 26/10/2021 21:28

O concello ourensán de Lobios deixa unha curiosa imaxe e cargada de lembranzas. A baixada do nivel do encoro de Lindoso fixo emerxer os restos dunha vella aldea anegada.

É a vila de Aceredo desaparecida nos anos 90 ao construírse unha presa de aproveitamento hidroeléctrico. Unha parte do pasado que fai emerxer os recordos e os sentimentos.

Son moitas as historias similares que temos en Galicia, de feito este verán puidemos ver tamén esta mesma imaxe no encoro de Portomarín destapando vilas case intactas e restos nunca vistos con anterioridade.

Vivendas cargadas de historias e vilas que afundiron con moitos soños sen cumprir, eses que tiveron que ser materializados noutros lugares.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade