Aspas é o segundo xogador máis influente da Liga
Aspas é o segundo xogador máis influente da Liga
O 2024 trouxo a transformación de Iago Aspas, agudizada nos 6 últimos encontros coa presenza de Claudio Giráldez no banco
O 2024 trouxo a transformación de Iago Aspas, agudizada nos 6 últimos encontros coa presenza de Claudio Giráldez no banco. Só 1 gol e 4 asistencias nas 17 primeiras xornadas. 7 goles e 5 asistencias dende o cambio de ano.
Volve convertese neste treito final de temporada no xogador máis determinante do equipo. Se debullamos o último partido, ante o Vilarreal, comprobamos o seu monumental influxo no xogo do equipo. É o que máis pases deu: 60, cunha porcentaxe de acerto no pase do 93 %, en parte por esa posición que se ve no mapa de calor.
Aspas, máis que noutras ocasións, dirixindo o equipo dende o centro do campo, como extensión do adestrador. Claudio Giráldez chegou hai seis xornadas. Dende ese momento, Aspas brilla moito máis. Unha análise sobre a achega dos futbolistas dentro de cada equipo, valorando a participación nos goles e asistencias, sinala que no último mes e medio é o segundo xogador máis influente da Liga, só por detrás do dianteiro e goleador do Xirona Dovbyk.
O Big Data sinala ese número dez como o xogador máis determinante do Celta. Hai uns meses a súa contorna, ante o pouco protagonismo que tiña con Rafa Benítez, non desbotaba un final anticipado na súa carreira. Hoxe é o Iago Aspas de sempre. O motor do celtismo. O grande aliado da revolución de Claudio Giráldez.