Aspas-Veiga, a parella máis determinante da liga
Aspas-Veiga, a parella máis determinante da liga
Entre Aspas (doce goles) e Veiga (nove) sumaron case o 70 por cento dos 35 goles que leva o Celta
A parella formada por Iago Aspas e Gabri Veiga é a máis determinante da Liga, con 21 goles, os mesmos que suman no Barcelona a dupla formada polo polaco Robert Lewandowski e o brasileiro Raphinha.
Entre Aspas (doce goles) e Veiga (nove) sumaron case o 70 por cento dos 35 goles que leva o Celta nas primeiras 26 xornadas da liga Santander, uns números que só iguala a parella azulgrana grazas aos 15 goles de Lewandowski e seis do seu compañeiro.
Con todo, a principal diferenza é que a dependencia goleadora de Aspas e Veiga é moito maior ca no resto de equipos, xa que ningún outro xogador do equipo celeste conseguiu máis de dous goles no presente campionato.
Unha circunstancia que, por exemplo, non se produce no actual líder de LaLiga, xa que o internacional español Pedri suma os mesmos goles que Raphinha e Dembelé tan só nun mes.
Algo similar sucede no Real Madrid. A parella Benzema-Vinicius suma 19 goles, pero Valverde xa celebrou sete tantos e o seu compañeiro Marco Asensio cinco.
O caso máis parecido ao do Celta é o do Español, xa que Joselu Mato (12) e Braithwaite (8) suman 20 dos 32 goles que acumula o conxunto dirixido por Diego Martínez. O seu seguinte goleador é o centrocampista Sergi Darder con catro goles.