Ata o sábado celébrase unha nova edición do Mercado do Coleccionismo de Xoguetes na Coruña
Ata o sábado celébrase unha nova edición do Mercado do Coleccionismo de Xoguetes na Coruña
Podemos atopar pezas únicas, coma un peto metálico con forma de Mickey Mouse ou figuras de Playmobil axeitadas como xogadores de fútbol
Cada xeración conta coas súas propias referencias cando se trata de falar de xoguetes.
O Mercado do Coleccionismo de Xoguetes é estes días un espazo de encontro para revivir momentos de infancias cruzadas.
"Este centro comercial foi o primeiro de Galicia e é un pouco contemporáneo con estas pezas porque os mozos dos anos 80 xa xogaban con estes artigos", argumenta Rubén Becerra, director xerente do Centro Comercial Catro Camiños da Coruña.
Fernando é o impulsor da iniciativa, que xa vai pola cuarta edición.
"As cidades onde máis coleccionistas hai agora mesmo son Barcelona e A Coruña".
El mesmo amósanos unha peza única: un peto metálico con forma de Mickey Mouse. Ou figuras de Playmobil axeitadas como xogadores de fútbol e outros recoñecidos persoeiros.
Ata o sábado poderán mergullarse na procura destes tesouros.