Ata un mes de demora para renovar o DNI en Galicia
Ata un mes de demora para renovar o DNI en Galicia
Co verán aumenta o tempo de espera para renovar o DNI
Os sindicatos policiais denuncian a situación e demandan solución urxentes
"Estamos falando de arredor de 20 días, cerca dun mes, que nos parece moitísimo", opina Roberto González, voceiro do SUP en Galicia.
"Pedímola o 19 de maio e estamos a 23, practicamente un mes, a verdade que si que un mes é moito", conta unha usuaria.
Un mes é o tempo medio de demora que temos que agardar os galegos para renovar o DNI, aínda que como en todo hai quen ten sorte.
"Eu antes de onte, non agardei moito a verdade", comenta outro.
Os sindicatos denuncian falta de previsión por parte da Dirección Xeral da Policía, pero tamén necesidade de máis man de obra.
"Estes labores débenos levar a cabo funcionarios dos corpos xerais para non detraer efectivos da seguridade cidadá. Nós tamén outra das peticións que faciamos é que os axentes de maior idade que hai unhas prazas aquí reservadas en Galicia para os funcionarios de segunda actividade con destino, que agora mesmo esa situación non existe, pois que se retome esa circunstancia e que se habilite a forma legal e que eses compañeiros poidan desempeñar estas funcións.", apunta o voceiro do SUP.
Ofrécense incluso a dobrar quendas para solucionar o problema máis inmediato.
"O que hai que facer é tratar de sacar de encima as citas, e sacalas reforzando mañá e tarde o servizo con xente que queira vir no seu tempo libre facer as horas extraordinarias, pero para iso fai falla unha inxección económica para que os policías poidan levar a cabo esa función", continúa.
Denuncian que esta situación xera moita tensión non só entre os usuarios, senón tamén entre os propios traballadores.