Pedro, o veciño de Betanzos ao que Tráfico dá por morto, pero que está vivo
Pedro, o veciño de Betanzos ao que Tráfico dá por morto, pero que está vivo
Cando foi renovar o carné dixéronlle que os seus datos correspóndense cos dunha persoa falecida
Anos atrás, cando renovou o DNI, cambiáronlle o número polo dun home que se chama igual ca el
Un veciño de Betanzos leva anos facendo xestións para que as Administracións non o dean por morto. Pedro, de 75 anos, está vivo para contalo.
“En Tráfico na Coruña déronme por falecido”
Cando foi renovar o carné de conducir dixéronlle que os seus datos correspondíanse cos dunha persoa morta.
"Fun agora renovar o carné, fixéronme todas as probas, dos ollos e todo, e o oculista díxome que non mo podían renovar porque me dan por falecido. E díxenlle: pero que enredo é este?".
O problema vén de lonxe. Anos atrás, cando renovou o DNI cambiáronlle o número por equivocación. Déronlle o mesmo que tiña un home de Vigo que se chamaba igual ca el. Resultou que esa persoa tiña moitas débedas e Facenda quixo embargarlle a casa.
“Posto que me cambiaron o número e ese número era o doutra persoa que debía diñeiro por todo”.
Daquela conseguiu un documento no que a Policía recoñece o erro na asignación do DNI, pero a pesar diso ségueno confundindo cunha persoa morta que se chama igual ca el. Para despexar dúbidas sobre se está vivo ou está morto, Pedro acabou indo ao notario para pedir unha fe de vida.
“Así é a cousa. Agora espero que estea solucionado, a ver se non hai ningún problema”.
Co documento notarial que demostra que está vivo, conseguiu un permiso de conducir provisional. Hoxe pola mañá saíu da casa para mercar o xornal.