Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cae unha banda que pedía créditos en liña con carnés de identidade roubados

Cae unha banda que pedía créditos en liña con carnés de identidade roubados

Estafaron polo menos un millón de euros a máis de 700 vítimas

Os 39 detidos operaban fundamentalmente en Tarragona

G24.gal 02/06/2024 18:56 Última actualización 02/06/2024 19:19

A Garda Civil e os Mossos d'Esquadra desartellaron unha banda que estafou polo menos un millón de euros a máis de 700 vítimas.

Presuntamente roubábanlles ou fotografábanlles o DNI para pedir, ao seu nome, créditos pola Internet, cos que compraban móbiles de gama alta e outros produtos de luxo. Operaban fundamentalmente en Tarragona.

Ata o momento hai 39 detidos pero a investigación segue en marcha e non se descarta tampouco que o número de vítimas aumente, xa que moitas non sabían que estaban en listas de debedores tras sufrir a estafa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade