Atopan 50 quilos de cocaína nun colector no porto de Vigo
Atopan 50 quilos de cocaína nun colector no porto de Vigo
A droga chegou nun barco procedente de Natal, no Brasil
Comisan en Colombia máis de 1,3 toneladas de cocaína con destino a Vigo
Efectivos de Vixilancia Aduaneira, en cooperación con axentes da Garda Civil, localizaron un cargamento de cocaína que chegou a bordo dun barco ao porto de Vigo. O colector chegou á terminal viguesa no portacontedores Saint Laurent, que procedía do porto de Natal, no Brasil.
A carga declarada do colector eran lombos de atún, aínda que os investigadores atoparon no seu interior varios paquetes, que sumaban uns 50 quilos de cocaína. A investigación está aberta por parte do Xulgado de Instrución 1 de Vigo e foi declarada secreta. Polo momento, non se produciron detencións.
Cargamento interceptado en Colombia
Dáse a circunstancia de que, nas últimas horas, a Policía Nacional de Colombia informaba da interceptación doutro colector, esta vez en orixe, non porto de Cartaxena de Indias, cun cargamento de banana destinado ao porto de Vigo, e onde se atoparon 1,3 toneladas de cocaína.