Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o cadáver dunha muller de 45 anos xunto ao río Anllóns na Laracha

Atopan o cadáver dunha muller de 45 anos xunto ao río Anllóns na Laracha

As primeiras hipóteses descartan que se trate dun suicidio

A desaparición da muller, veciña dese mesmo concello coruñés, fora denunciada horas antes do achado

G24.gal 19/12/2023 09:11

Axentes da Policía Local e da Garda Civil localizaron neste sitio coñecido como Porto Pereiro o coche da vítima, de 45 anos, semiafundido no río Anllóns. A douscentos metros atoparon o seu corpo sen vida. 
"Foi sobre as cinco da tarde. Eu vin pasar a policía, Protección Civil...", contaba un veciño da zona.
Oito horas antes, os seus denunciaran a súa desaparición. E daquela activouse un dispositivo de busca no que, amais da Policía Local e a Garda Civil, tamén participou algún veciño. 
"A súa familia, ao ver que non chegada, denunciou a desaparición. Ela tiña un piso na Laracha e, ao non estar alí, foi cando denunciaron...", engaden os veciños. "Dá moita pena".
A Policía Xudicial da Garda Civil de Carballo, que é quen se encarga da investigación, mantén abertas todas as hipóteses. Unha das que barallan é que a vítima sufrise un accidente de tráfico. Porén será a autopsia a que determine as causas do falecemento

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade