Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan o cadáver dunha muller nunha balsa de rega en Granada

Atopan o cadáver dunha muller nunha balsa de rega en Granada

Os bombeiros rescataron o corpo, que se atopaba nunha balsa de formigón de catro metros de profundidade

Aínda que será a autopsia a que determine circunstancias da morte, o corpo non presenta signos de violencia

G24.gal 12/06/2023 09:09

Unha muller de 58 anos que estaba desaparecida desde a tarde deste domingo foi achada esta madrugada sen vida nunha balsa de rega de Albuñol, en Granda, segundo informou o centro coordinador de emerxencias 112.

Foi a Garda Civil quen sobre as 5:20 horas deste luns informou ao 112 do achado dunha persoa nunha balsa de rega situada xunta o quilómetro 23 da A-345, e solicitou a activación dos servizos sanitarios, dos bombeiros e da Policía Local para o seu rescate.

Os bombeiros rescataron o corpo, que se atopaba nunha balsa de formigón de catro metros de profundidade, aínda que nese momento estaba á metade da súa capacidade.

A muller estaba desaparecida desde este domingo á tarde, segundo a Garda Civil, aínda que non transcenderon máis datos das circunstancias en que se produciu o suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade