Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan substancias contaminantes nas baterías de litio

Atopan substancias contaminantes nas baterías de litio

Un equipo de investigadores acaba de confirmar a presenza de substancias altamente tóxicas 

Tomaron mostras na auga e no chan preto de plantas de fabricación, como en Bélxica e en Francia

G24.gal 16/07/2024 14:35 Última actualización 16/07/2024 15:21

As baterías de litio lideran a transformación do parque de vehículos para que non sexan contaminantes, co coche eléctrico á cabeza como solución para acadar os obxectivos de descarbonización impulsados por Europa. 

Porén os expertos alertan dun efecto secundario contaminante no proceso de fabricación e extracción do litio.

Un equipo de investigadores acaba de confirmar a presenza de substancias altamente tóxicas logo de tomar mostras na auga e no chan preto de plantas de fabricación como en Bélxica e Francia. Recomendan buscar outras alternativas para combater a crise climática que non liberen contaminantes.

As alternativas pasan polas baterías de sodio, de fluxo ou de metal-aire, aínda en estudo, pero que presentan maior seguridade que o litio. 

Pola súa vida útil máis longa, os tempos de carga máis rápidos e o seu peso lixeiro, as baterías de litio son difíciles de substituír. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade