Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nai detida polo asasinato do seu bebé degolouno tras parilo na casa

A nai detida polo asasinato do seu bebé degolouno tras parilo na casa

A muller ocultou o embarazo e tivo un parto sen asistencia que se complicou 

Foron os pais da muller os que atoparon o bebé despois de levala ao hospital por unha hemorraxia 

G24.gal 20/02/2024 11:00 Última actualización 20/02/2024 17:39

A muller que foi detida este martes polo delito de asasinato do seu bebé, degolouno tras parilo na vivenda e escondeuno no armario. Ocorreu na localidade valenciana de Gandía. O corpo do neonato foi atopado polos pais da muller, que se atopaban no mesmo domicilio pero que, ao parecer, non se decataron do sucedido.

A detida, unha moza de 22 anos, deu a luz sen asistencia. Segundo parece, ocultara o embarazo e o parto complicouse por unha hemorraxia. Os pais acompañárona ao centro médico e foi despois cando atoparon o bebé, xa morto, na vivenda e alertaron á Garda Civil.

Das dilixencias fíxose cargo o Equipo de Policía Xudicial de Gandia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade