Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopar aloxamento en Santiago para os días do Son do Camiño é xa case misión imposible

Atopar aloxamento en Santiago para os días do Son do Camiño é xa case misión imposible

A menos dunha semana para que comece o festival, atopar aloxamento en Santiago é xa case misión imposible

No Monte do Gozo aceléranse os traballos de montaxe, que levan todo o mes en marcha

G24.gal 24/05/2024 21:05

Os escenarios polos que pasarán a partir do próximo xoves bandas Green Day, Pet Shop Boys,  J Balvin ou Arde Bogotá van xa tomando forma no Monte do Gozo. Os traballos de montaxe comezaron hai 3 semanas. Hai que valar o recinto, montar os 3 escenarios, as barras e acondicinar tamén a zona de acampada. 

40 bandas pasarán por aquí nos 3 días de dura o festival. Un festival ao que o ano pasado acudiron 134.000 persoas, unha cifra similar á que se espera nesta edición e todo un desafio para unha cidade como Santiago. Os hostaleiros agardan un cheo total porque atopar cuarto xa non é tarefa sinxela. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade