Atracan, con pistola en man, un pub en Ferrol
Atracan, con pistola en man, un pub en Ferrol
Unha vez encerrado o camareiro no almacén, o ladrón dirixiuse directamente á caixa subtraendo a recadación do día, uns 600 euros
Esta madrugada, un pub en Ferrol sufriu un atraco a man armada. O ladrón quitoulle o móbil ao mozo ao camareiro, pechouno no almacén, e logo fuxiu coa recadación da caixa: 600 euros. O home ía encapuchado, con lentes de sol, tapando a cara cunha máscara e armado cunha pistola coa que ameazou un camareiro.
Xa sen xente, ás dúas da mañá, Rubén, o camareiro, como cada noite estaba colocando esta táboa para cerrar as fiestras. De súpeto escoitou que alguén entrara. Foi todo moi rápido e tan só se puido fixar na pistola que o apuntaba.
Rubén saíu do almacén e dirixiuse á cociña para coller o seu móbil e avisar do atraco a policía e ao seu xefe. Cóntanos que ao principio estaba tranquilo pero nunca foran vítimas, nos oito anos da súa apertura, dun roubo tan violento.
Agora a Policía Nacional, que está investigando o caso, xa ten as imaxes das cámaras de seguridade que revisarán para atopar algunha pista ou detalle que axuden a identificar e prender o atracador.
Dúas da mañá, encapuchado, con lentes de sol, tapando a cara cunha máscara e armado cunha pistola coa que ameazou un camareiro. Todo isto para roubar a recadación do día dun pub de Ferrol, 600 euros.