Augas máis saudables en setembro nas praias da Mariña, as de maior contido en iodo
Augas máis saudables en setembro nas praias da Mariña, as de maior contido en iodo
O mar bate con máis forza polas mareas e, sobre todo, polo alto contido en iodo das augas
O tempo na Mariña non acompaña, pero a chuvia non frea a todo o mundo. E que o mes de setembro, son moitos os veraneantes e tamén os veciños da Mariña luguesa os que aproveitan que nestas datas os baños, segundo a tradición, son máis saudables. O motivo, que o mar bate con máis forza polas mareas e, sobre todo, polo alto contido en iodo das augas.
Na Mariña estes baños son toda unha tradición. En Barreiros, por exemplo, coñécense como as carolas. Algúns turistas non o saben, pero pensan probar. Para outros, o de menos para disfrutar dun baño é a data.
Porque a cultura popular di que estas augas cantábricas teñen propiedades mesmo curativas. Por iso son cada vez máis os que se apuntan. Tanto que en Ribadeo van recuperar os chamados baños das canouras, na honra ás mulleres que comezaron coa tradición hai décadas.