Publicador de contidos
Publicador de contidos

Augusto Lima reforza a pintura do Leyma

Augusto Lima reforza a pintura do Leyma

O pivote hispano-brasileiro conta cunha dilatada traxectoria na ACB

Trátase dun interior que suma en defensa e á hora de capturar rebotes

G24.gal 31/07/2024 09:15

O Básquet Coruña faise cos servizos de Augusto Lima. Tras a renovación de Ingus Jakovics e o anuncio da nova camiseta, chegaba a hora de presentar a primeira fichaxe. O pivote procede do Unicaja de Málaga, ao que axudou a conseguir a primeira posición na fase regular da pasada ACB.

O interior hispano-brasileiro acumula máis de 300 partidos na elite do baloncesto español. Lima xogou para equipos como o UCAM, o Real Madrid, San Pablo Burgos ou o Unicaja, entre outros, ademais de probar sorte a nivel internacional co Zalgiris ou o Besiktas.

Pese a exercer un rol máis secundario o ano pasado, o novo pivote do Leyma destaca polo seu gran rendemento defensivo e capacidade para capturar rebotes. Un reforzo de garantías para a zona interior do Básquet Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade