Cargando resultados...
O 25,5 % das persoas que viven en Galicia están en risco de pobreza ou exclusión social
O 25,5 % das persoas que viven en Galicia están en risco de pobreza ou exclusión social
Increméntase máis entre as mulleres
G24.gal
17/10/2024 14:25
Máis do 26,5 % das persoas que viven en España está en risco de pobreza ou exclusión social. En Galicia é o 25,5 %. E o 7 % está nunha situación de pobreza severa. As organizacións que traballan cos colectivos máis vulnerables reclaman maior coordinación entre as administracións no día internacional para a erradicación da pobreza.
Xosé Artur Cuns Traba, director de EAPN Galicia-Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social, explica que "a probreza no ámbito das mulleres aumentou en case 2,4 puntos. Pasou do ao 25 % ao 27,4 %. A dos homes pasou do 22 ao 23, 5%. Iso pasa tamén en carencia material severa".