Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumenta a venda e o alugueiro de caravanas

Aumenta a venda e o alugueiro de caravanas

Moitos optan por este xeito de viaxar despois da pandemia

G24.gal 27/06/2023 20:06 Última actualización 27/06/2023 20:56

Segundo a Asociación Española da Industria e Comercio do Caravaning, este maior arrendadamento e compra de caravanas produciuse entre o 2019 e o 2021, cando o número de matriculacións deste tipo de vehículos medrou case nun trinta por cento.

Na Mariña, en Burela, hai sete anos que Francisco ten un negoccio de alugueiro e venda de autocaravanas. Para este verán xa ten todos os vehículos arrendados, apenas lle quedan un par de semanas por vender.

A pandemia tamén mudou o perfil dos autocaravanistas, que vira cara a idades máis novas. Francisco comenta que a media de idade dos arrendatarios agora sitúase entre os trinta e os cincuenta anos.

A caravana é outro xeito de entender as vacacións.

A uns dez quilómetros de Burela está Foz. Imaxinen durmir a dez metros desta marabilla, case mollando os pés na ría. Este é o emprazamento desta área de caravanas.

Dos que se engancharon durante a pandemia a este modo de viaxar, que case é un modo de vida, poucos volveron a formas de vacacións máis tradicionais, como os hoteis ou os apartamentos de alugueiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade