Cargando resultados...
Aumentan as alerxias alimentarias entre a poboación
Aumentan as alerxias alimentarias entre a poboación
É importante diferenciar entre as intolerancias e as alerxias alimentarias
G24.gal
10/03/2023 14:30
O estilo de vida, a contaminación, o estrés, certas medicacións... Hai diferentes teorías ou factores pero unha conclusión clara: o aumento das alerxias alimentarias entre a poboación infantil.
É importante diferenciar entre intolerancias e alerxias alimentarias. As primeiras provocan síntomas leves, malestar dixestivo pero as segundas poden ser letais por iso é clave a chamada medicación de rescate. A adrenalina pode salvar vidas e os pacientes deben portala sempre. Os seus achegados tamén deben ser coñecedores da súa situación.
Á espera da autopsia, todo parece indicar que a alerxia á proteína de vaca foi a causa da morte da moza de Cidade Real.