Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan as matriculacións nos ximnasios coa fin das vacacións

Aumentan as matriculacións nos ximnasios coa fin das vacacións

A maioría das actividades deportivas para a cativada comezarán o mes que vén

G24.gal 11/09/2024 20:59 Última actualización 11/09/2024 21:12

Setembro e xaneiro son os meses con máis matriculacións nos ximnasios.

Nos centros de Vigo comezan a recuperar o seu ambiente habitual. Hai quen busca perder eses quilos que se gañaron cos xeados e o bar de praia, pero sobre todo manterse sans e áxiles.

Víctor Urbina,  dono de Gym Imperium, explica: "Van persoas con problemas hormonais, de sedentarismo ou os que gañaron algo de peso este verán para que os axudemos".

Non todos abandonaron o deporte no verán e as motivacións son diferentes. 

Contan os expertos que é importante manterse firmes nos obxectivos.

O responsable deste centro familiar de Vigo apunta: "O corpo ten memoria e recupera o ritmo rapidamente. Aos que comezan novos, si que temos que axudalos pouco a pouco".

Polo momento, son os adultos os que comezan a encher os ximnasios, a maioría das actividades deportivas para a cativada comezarán o mes que vén. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade