Cargando resultados...
Aumentan as sancións por aparcar mal en Pontevedra
Aumentan as sancións por aparcar mal en Pontevedra
O radar móbil da Policía Local puxo 4.000 multas en só sete meses
G24.gal
17/08/2023 16:24
Última actualización 17/08/2023 16:47
O multamóbil da Policía Local de Pontevedra puxo máis de 4.000 sancións a condutores en apenas sete meses. A maioría foron por aparcar demasiado tempo en zonas prohibidas.
Aparcar en Pontevedra pode saír moi caro se nos excedemos dos 15 minutos que se permiten nas zonas de servizo.
O servizo do chamado 'ollomóbil', o radar móbil da Policía Local, dobrou a súa capacidade punitiva respecto ao sistema tradicional.
Nestes sete primeiros meses do ano interpuxo unha media de 20 sancións diarias, un 42 % máis ca o ano pasado nas mesmas datas.
Aínda así, Pontevedra queda lonxe da media doutras vilas galegas como Lugo, con 40 multas diarias ou as 75 de Compostela.