Aumentan o dispositivo de seguridade na segunda xornada do xuízo do Alvia
Un importante dispositivo que evitou que as familias e as vítimas se puidesen achegar aos acusados, que entraron no xuízo escoltados
Unha cinta de seguridade impedía nesta segunda xornada do xuízo que familiares e vítimas se achegasen aos acusados. Un día máis decidiron seguir o xuízo desde fóra.
Jesús Domínguez, presidente da Plataforma Vítimas do Alvia: "Creo que é o mellor porque e un momento moi duro e doloroso e é mellor manterse á marxe".
A zona acordoada é un importante dispositivo de seguridade no Gaiás que non puido impedir os berros das vítimas cara a un dos acusados, o exdirectivo do Adif. Berráronlle á entrada e tamén á saída do xuízo
Carmen Sánchez, que perdeu a súa filla e o seu xenro no descarrilamento do Alvia, preguntábase: "A que vén esta despregadura, se non somos asasinos nin terroristas?".
"Amparouse na agresión que sufriu para conseguir declarar para a semana que vén", cre Manuel Alonso Cerrezuelo, avogado da plataforma de vítimas. "O que eu penso e que gañaron unha semana para preparar a súa declaración segundo o que hoxe declarou Garzón".
O outro acusado, o maquinista, chegaba moi nervioso e recibía os ánimos do seu avogado. Sabía que tiña que declarar e malia que mantivo o tipo ao entrar, dentro derrubouse.
"Garzón pediu perdón, somos un colectivo con todo tipo de sensibilidades e haberá xente que o perdoe e xente que non", di Jesús Domínguez.