Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan o número de fogares unipersoais, malia saír máis cara a solteiría ca a vida en parella

Aumentan o número de fogares unipersoais, malia saír máis cara a solteiría ca a vida en parella

As persoas que viven soas asumen un custo adicional en gastos como o da vivenda

Félix Aragunde 11/11/2024 19:45 Última actualización 11/11/2024 19:58

Ademais de tratarse dunha data sinalada no comercio electrónico, o Día do Solteiro serve para reivindicar o orgullo da vida en solitario. Pero resulta que esa vida sae máis cara ca en parella, posto que as persoas que viven soas asumen un custo adicional nos seus gastos.

É a chamada taxa single, que alude á maior carestía por persoa nos fogares cun único residente. Este custo engadido ten especial repercusión no mercado inmobiliario, aínda que os compradores solteiros xa son a cuarta parte dos titulares das novas hipotecas.

Jesús Alonso, xerente dunha inmobiliaria: "Antes había que agardar a ter parella para facer unha compra deste calibre. E hoxe en día, se non atopas parella, a xente decide afrontar esa compra soa".

Así e todo, o número de fogares unipersoais non para de medrar. Segundo o INE, no ámbito estatal xa representan case o 30 % do total.

Son case 5 millóns e medio de persoas vivindo soas, que gastan máis por cabeza non só en vivenda, senón tamén en alimentación, en transporte ou en viaxes.

Pilar Rodríguez, asesora de viaxes: "Os hoteis, ao viaxar só, encarecen. Hai un suplemento individual que os que viaxan sós teñen que pagar. Nunha semana poden ser 150 ou 200 euros".

Segundo a revista científica Nature Human, vivir en solitario dispara en máis dun 80 % o risco de padecer depresión, en especial no caso dos homes solteiros nos países occidentais.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade