Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aumentan os divorcios por consenso para aforrar custos

Aumentan os divorcios por consenso para aforrar custos

Chegar a un acordo pode reducir o gasto e facilita a relación posterior

G24.gal 11/10/2022 20:31

Un divorcio, ademais dos aspectos emocionais, pode implicar un importante desembolso económico, especialmente nos casos en que non hai acordo. Dous avogados, dous procuradores… a factura dispárase.

Poñer fin ao matrimonio de xeito consensuado pode ser menos doloroso e máis barato.

A avogada María Puga explica que os honorarios do divorcio de mutuo acordo xa son máis baixos e que existe a posibilidade de compartir avogado e procurador.

Apunta que así os clientes reducen á metade as minutas e pensa que o consenso é tamén beneficioso para a relación posterior.

Por exemplo, nos xulgados de Vigo, no segundo trimestre deste ano, xa houbo máis divorcios con acordo que non consensuados.

En concreto foron case o dobre 95 fronte a 48. Unha proporción que tamén se aplica ás separacións, tres pactadas fronte unha sen consenso.

Iso si, en calquera dos casos, baixan as cifras globais de rupturas matrimoniais. En Galicia diminuíron un 4 % fronte ao mesmo período do ano pasado.

Unhas estatísticas en que, ademais da situación económica, tamén inflúen os cambios sociais. A media de rupturas en Galicia é inferior á de todo o estado. Na nosa comunidade houbo 48 rupturas por cada 100.000 habitantes fronte ás 51 de España. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade