Publicador de contidos
Publicador de contidos

Austria aproba un confinamento parcial para os non inmunizados

Austria aproba un confinamento parcial para os non inmunizados

As restricións estarán vixentes ata o 24 de novembro

O Goberno cualifica a porcentaxe de vacinación de "vergonzosamente baixa"

O chanceler Alexander Schallenberg
G24.gal 14/11/2021 20:23

Austria, con só o 65 por cento da poboación vacinada e un aumento incesante de contaxios, decidiu este domingo confinar as persoas non inmunizadas. Só poderán saír para traballar e para as xestións máis esenciais. O Goberno xustifica a medida en que a porcentaxe de vacinación é vergonzosamente baixa.

As medidas restritivas para os non vacinados en Austria afectan a dous millóns de persoas, dos case nove millóns que viven neste país centroeuropeo. En principio estarán vixentes ata o 24 deste mes. Desde este luns só poderán saír para ir ao traballo, para mercar comida ou medicamentos, para ir ao médico ou para vacinarse.  Non terán que confinarse os menores de 12 anos, os alumnos dos institutos e as mulleres embarazadas. A policía multará aos que non cumpran as normas, con 500 euros aos particulares e 3.600 aos establecementos.

O Goberno explica que a situación é moi seria debido á variante delta pero sobre todo, di o chanceler federal, á porcentaxe de vacinación, que cualificou de vergonzosamente baixa.
As autoridades sanitarias notificaron este domingo 11.500 novos contaxios e 17 falecidos.
Os expertos cren que este confinamento para non inmunizados non será suficiente, pero o certo é que desde hai unha semana, cando se lles prohibiu a entrada nos bares, o ritmo de vacinación medrou considerablemente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade